Era un gaiteiro moi bolreante, que sempre tiña ganas de xoldra e disque non había festa onde el estivera que non se encheran todos de bailar, nin casa onde o levaran que non riran todos ás cachizas, pois arrepenicando no punteiro non había outro, contando nos contos tampouco ninguén tiña o seu aquel nin o facía coa sorna que el sabía, e moceiro, ¡ui!, como moceiro, daquela si que era o único. Para moceiro, amigo do bo viño e do bo xantar, non houbo na vida fillo de nai coma el.
O gaiteiro estaba casado. Tiña unha muller que eran moitos os días que quedaba ela soa na casa mais, cando el chegaba, todo eran festas. Non tiñan moito que comer mais eran moi divertidos, tanto que el sempre andaba coa gaita ao lombo. Non traballaba nada, mais na casa sempre quen quixera podía oír a gaita.
-Non hai mellor compaña -dicía el-. Cando morra heina levar de par.
Un dia o gaiteiro morreu e a coitada da muller esqueceuse de lle dicir ao carpinteiro que fixo a caixa que deixara un sitiño para a gaita, e así foi que non collía. A muller choraba moito por non poder cumprir o gusto do seu home de levar a súa gaita con el e, de vela chorar tanto, un veciño foi e, como puido, púxolle a gaita entre as pernas ao gaiteiro. A muller quíxose conformar e non chorou máis. Pecharon a caixa e sacaron ao defunto para o levar ao camposanto.
Na casa había moita familia, moitos homes e moitas mulleres. A muller do gaiteiro emprincipiou o pranto e as veciñas axudábana. As mulleres mozas eran as que máis choraban.
A muller do gaiteiro, na porta da casa, berraba:
-¡Ai! Meu defuntiño querido, que soíña me deixas e ¿que vai ser agora de min sen un home na casa? ¡Ai, meu homiño! ¡Ai que moura desgracia, probiña de min! ¡Ai! ¡Ai! ¡Ai! Tan boíño que ti eras que non atoparei outro coma ti! ¡Ai! ¡Ai! ¿E que vou facer eu agora, soíña, sen ti, meu sol? ¿Quen me vai facer as festas que ti me facías? ¿Quen me vai quentar as canelas no inverno? ¡Ai, que desgracia a miña! ¡Mais me valera morrer e que nos levaran aos dous xuntiños! ¡Ai, meu homiño da alma!, ¿que vai ser de min? ¡Tan ben como o pasabamos co que levas entre as pernas ... !
- Antoloxía do Conto Popular Galego -
Vaise o ghaiteiro, non é o primeiro e non será o último. Falando na cea, parece que somos moitos os que contamos co momento de abandoa-lo barco. ¡Que che vaia ben en Oxford!
sábado, 12 de enero de 2008
O gaiteiro morto
Publicado por
eLeDe
a las
3:36 PM
Etiquetas: Felicitaciones
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

2 comentarios:
Muy bueno el cuento. Pero escribo pa pedir algo...
Tienes todabia el libro de Ingles I por ahi? Es que tengo una amiga que anda buscando alguien que lo tenga y yo se que tenia el mio en algun lado peroooo, no se onde. Lo busque y no aparece! Si lo tienes pues me lo haces saber con un email berdwoman@hotmail.com y si no lo tienes pues na, que lo busque en otro lado.
Graciñas, ya me dirás
¬¬
Publicar un comentario en la entrada